O Amador 🏴‍☠️ 🇯🇴
banner
oamador.bsky.social
O Amador 🏴‍☠️ 🇯🇴
@oamador.bsky.social
Escriptor en gallec.
Ex-cantant de 100.000 Profilácticos
https://youtube.com/@los_profis
Pois este é o resumo da miña banda sonora deste 2025, segundo Tidal (que tamén os fai)...
December 6, 2025 at 12:33 PM
Autories, se vedes isto, é o momento de compartir a primeira frase do voso libro.

«Aprendín nun tanatorio que non hai que ser nunca o último en chegar».
November 20, 2025 at 1:06 PM
Onte gocei no CCCB da conversa aberta entre Mercedes Peón, @bertadavila.bsky.social e Yolanda Castaño no «Kosmopolis 25» arredor de Galiza e a lingua galega. Tres visións distintas, aínda que non moi afastadas, sobre a Galiza real e a desexábel.
October 26, 2025 at 9:44 AM
September 19, 2025 at 12:11 PM
September 1, 2025 at 8:29 PM
#Islandia día 29. Bless bless, Gullkistan. Bless að eilífu Iceland
August 31, 2025 at 7:02 PM
#Islandia día 28. O Arco da Vella, omnipresente, sobre as cicatrices que o sangue quente de Gaia escarificou nas costas da montaña.
August 30, 2025 at 8:26 PM
#Islandia día 27. Como un geysír, estoupando de súpeto para perder os azos nun segundo, pasou este mes en Iceland. Como un lóstrego. Nun amén. Pode que sexa unha metáfora da vida mesma. Carpe diem. Goza do retrinco. Todo ben.
August 29, 2025 at 8:44 PM
August 29, 2025 at 10:10 AM
magnífica deseñadora de roupa (namorei) e artista gráfica. Hai tempo marcharon Tom e Martha á madrileña, sen dicir adeus. Estamos pregando velas. O sábado quedarei eu só, como Dave Bowman, fronte ao meu portátil HAL, agardando o taxi do domingo que me abducirá de Islandia a min tamén.
August 28, 2025 at 10:39 AM
#Islandia día 26. Onte tivemos o «Herding ideas» para amosar os nosos proxectos. Foi a derradeira vez que verei á magnífica persoa que é Alda Sigurðasdóttir (no centro na segunda foto), alma mater de Gullkistan. Hai un chisco, marchou a Teresa, @teresaboothbrown, o sorriso eterno, 🧵👇
August 28, 2025 at 10:39 AM
magnífica deseñadora de roupa (namorei) e artista gráfica. Hai tempo marcharon Tom e Martha á madrileña, sen dicir adeus. Estamos pregando velas. O sábado quedarei eu só, como Dave Bowman, fronte ao meu portátil HAL, agardando o taxi do domingo que me abducirá de Islandia a min tamén.
August 28, 2025 at 10:38 AM
#Islandia día 26. Onte tivemos o «Herding ideas» para amosar os nosos proxectos. Foi a derradeira vez que verei á magnífica persoa que é Alda Sigurðasdóttir (no centro na segunda foto), alma mater de Gullkistan. Hai un chisco, marchou a Teresa, @teresaboothbrown, o sorriso eterno, 🧵👇
August 28, 2025 at 10:38 AM
#Islandia día 25. Traballando con @jasonrbaltazar e @peirahitta na traduciòn ao inglés dun meu texto para ler esta noite na xornada de «Open House», onde amosaremos á xente interesada os nosos traballos. Jason, Nicole, thank you so much!!! ❤️
August 27, 2025 at 2:26 PM
#Islandia día 24 (2). Bandeira marela.
August 26, 2025 at 8:18 PM
#Islandia día 24.
August 26, 2025 at 7:44 PM
#Islandia día 23 (3). Déixovos un resumo do día. Espectacular! Non teño máis que dicir.
August 25, 2025 at 7:44 PM
#Islandia día 23 (2). Pillei, de casualidade, esas gueivotas planando (se non de que as ía pillar) sobre min.
August 25, 2025 at 7:34 PM
#Islandia día 23. Iso que vedes na foto é unha corte de vacas a través dunha fiestra desde unha xeadería que rexentan elas mesmas (as rapazas da foto). Hai outra fiestra onde podes ver os becerros mentres lambes un xeado de cappuccino ou straciatella.
August 25, 2025 at 7:30 PM
#Islandia día 22. Onte prometín amosar o contido do pan que deixamos quecendo nun «Hotspot». Hoxe puxemos uns ovos a quecer e mentres, desenterramos a pota que levaba 24h aí. Saíu selada e non había maneira de lle quitar a tampa. Ao final o pan estaba cru, pero non esqueceremos xamáis este día.
August 24, 2025 at 3:43 PM
#Islandia día 21. Hoxe a @peirahitta e mais a @teresaboothbrown levaron unha pota a un lugar (mañá direivos o nome) con masa dentro. Coa calor do subsolo o pan vai quecendo amodo. Mañá, 24h despois, irémolo buscar e estamos convidades a un brunch alí mesmo. Xa vos contarei.
August 23, 2025 at 1:53 PM
#Islandia día 20 (2). A Nicole @peirahitta (en IG) convidounos a bacalhau (e non había ser menos no país que o inventou 😋). Tamén mercou unha bica das de aquí que non estaba mal. Todo regado cun vinho verde que non tiña dúbida. Unha boa serán (non pensedes que esta xente cea de noite).
August 22, 2025 at 10:56 PM
#Islandia día 20. Alborada ás 5 da mañá.
August 22, 2025 at 8:21 AM
#Islandia día 19. Illadas do mundo cotián, suxo e cruel, ollamos a beleza dun xardín planificado, innecesario neste paraíso que elas chaman «Impaís». Por uns segundos faime esquecer das b0mbas, da fame, dos asasinatos «selectivos». A paz existe, pero só é accesíbel para as privilexiadas coma min.
August 21, 2025 at 11:42 AM
#Islandia día 18 (2). O lago Laugarvatn (máis ou menos «piscina de auga» segundo san gugle) dá nome á vila de Laugarvatn, onde temos a residencia, máis tamén a escola, o instituto e os xulgados da zona. Estamos a 17º (😊) que semellan 30º.
August 20, 2025 at 12:10 PM