Marcos Taracido
banner
marcostaracido.mastodon.gal.ap.brid.gy
Marcos Taracido
@marcostaracido.mastodon.gal.ap.brid.gy
Profesor [el]. Escribe. Todo é ficción.
Blog, podcast e outras ligazóns: https://lacentralita.net/@marcostaracido
Cofundou e dirixiu http://librodenotas.com

[bridged from https://mastodon.gal/@marcostaracido on the fediverse by https://fed.brid.gy/ ]
Vós vedes unha explosión de cores outonal. Eu, varias horas de traballo recollendo as follas mortas.
November 15, 2025 at 11:28 AM
Procurando unha edición en castelán de "Las aventuras de Arthur Gordon Pym" chego á da editorial Alma, que semella (ilustracións e estética) acaída para unha biblioteca escolar. Mais resulta moi sospeitoso que nin na ficha do libro nin na mostra do interior se diga quen a traduce.
November 3, 2025 at 7:33 PM
Isto é un punto de inflexión.
October 22, 2025 at 12:19 PM
Como melloramos. Se o meu eu de 15 anos le isto nada lle chamaría a atención. Hoxe, 40 anos despois, sáltanme todas as alarmas e sóame super machista, só permisíbel pola data de creación (1959).
#eleternauta
October 20, 2025 at 3:57 PM
Que fermoso colofón ten este fermosísimo libro (La montaña viva, Nan Sheperd, Errata Naturae)
October 19, 2025 at 3:44 PM
Chove bonito
September 27, 2025 at 12:37 PM
O outono ás portas.
September 13, 2025 at 11:21 AM
Cartel nunha sala de espera do Clínico de Compostela. En castelán e con falta de ortografía.
September 12, 2025 at 11:17 AM
Sabedes que nome ten ese tipo de muro baixo que separa leiras do monte? Supoño que ten nome porque son moi característicos, mais non o coñezo. Parécenme moi fermosos.
#lexico #lexicogalego #galego
September 3, 2025 at 6:38 PM
Collimos unha molleira da que non se salvaron nin os calzóns, mais pagou a pena.
#andaina
August 31, 2025 at 9:55 AM
Carlos Alcarez viaxando no tempo até a Checoslovaquia de 1968 para ser fotografado por Joseph Koudelka. Pintaba maneiras xa.
August 21, 2025 at 8:03 PM
Visitei hoxe o maior almacén "legal" de productos robados do mundo.
#museobritanico
August 21, 2025 at 7:53 PM
August 14, 2025 at 4:45 PM
A mañá fun á parte de abaixo da finca coas cadelas. De socate vin a un miñato (buxato común, buteo buteo) pousado baixo un abeto, a uns 30 metros. Sorprendeume que non saira voando, así que fiquei no sitio gozando da súa presencia. Unha cadela (welsh terrier) […]

[Original post on mastodon.gal]
August 9, 2025 at 3:53 PM
Así un pode gozar das andainas con tranquilidade. A nosa comunidade de montes sinaliza apropiadamente as distintas áreas; aquí, por exemplo, tedes unha sinal que avisa de zona perigosa (P) e outra que advirte dunha zona frecuentada por zombis.
August 3, 2025 at 10:23 AM
Fixen malabares na andaina de hoxe (8 km, tirando de tres cadelas) para argallar este ramo que é agasallo de aniversario da miña compañeira.
July 27, 2025 at 10:59 AM
Acabo de atopar este libro nos meus andeis e lembro o bonito que é, e pensei que debía contárvolo.
July 18, 2025 at 4:31 PM
Xa o dicía Castelao...
July 7, 2025 at 9:15 AM
Última andaina. Terán uns 12 anos, senón máis. Os mellores que tiven. Irán ao ceo dos zapatos a facer feliz a outres.
July 1, 2025 at 6:40 PM
Iso é un cheísmo claro? En Rinoceronte, paréceme raro, adoitan ser moi coidadosos.
June 22, 2025 at 4:57 PM
Lacerta agilis?
June 11, 2025 at 9:18 AM
Alguén sabe por que recibo ID baixa no amule? Tal e como eu entendo teño abertos os portos o router...
#amule
June 1, 2025 at 5:49 PM
Fotografía gañadora do World Press Photo. Mahmpud Ajjour é un neno gazatí de nove anos herido nun ataque das forzas israelíes.
#fotografia #xenocidio
April 17, 2025 at 2:02 PM
A imaxe é unha captura de pantalla da web da Consellería de Educación na sección de Orientación Profesional. Non só ofrece exclusivamente un programa para Windows, senón que mirade para que versións dese sistema operativo.
April 9, 2025 at 4:18 PM
Ayuda con amplificador wifi. Explico situación: Router Vodafone (servicio Vodafone de Internet por fibra + TV). La casa es grande y usamos dos amplificadores Movistar heredados del contrato anterior. Uno de ellos se conecta por cable al deco de Vodafone para la […]

[Original post on mastodon.gal]
March 26, 2025 at 10:08 AM