Edicións Laiovento
banner
laiovento.bsky.social
Edicións Laiovento
@laiovento.bsky.social
Libros que fan País. Laiovento ten como obxectivo principal contribuír, desde unha óptica progresista, plural e aberta, á construción nacional da Galiza
Esta semana tomou posesión a nova presidenta de Irlanda, Catherine Connolly, e o seu apelido lembrounos outro dos grandes líderes da independencia irlandesa: James Connolly. Por iso no #laioventolembra recuperamos o libro NACIONALISMO E IMPERIALISMO, publicado en 1993 en tradución de Abel López
November 14, 2025 at 12:39 PM
Velaí o testemuño fotográfico da presentación do poemario de David Otero CONECTA CO ÍNTIMO, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía', que tivo lugar no espazo ozoco_gz do Carballiño o sábado 8 de novembro
November 10, 2025 at 4:12 PM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Emilio Xosé Ínsua DÍAZ CATRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939), publicado no ano 2017 co gallo do Día das Letras Galegas dedicado a Xosé María Díaz Castro. O libro estuda unha primeira etapa deste autor, diferente do seu galeguismo posterior
November 7, 2025 at 3:20 PM
Moitas persoas na presentación do libro de Esperanza Mariño Davila FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA. NARRATIVA, POESÍA E TRADUCIÓN EN XOSÉ MANUEL BEIRAS, publicado por #Laiovento, no marco da @acalexandreboveda.bsky.social da Coruña o 30 de outubro
November 6, 2025 at 8:34 PM
No #FarodaCultura desta semana Lois Alcayde Dans achégase ao libro do profesor José Carlos Bermejo Barrera AS GUERRAS. ENTRE A RETÓRICA E A VIOLENCIA, publicado por #Laiovento
November 6, 2025 at 7:52 PM
O sábado 8 de novembro David Otero presentará o seu poemario CONECTA CO ÍNTIMO, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía, no espazo OZOCOgz do Carballiño, ás 12:30h. Velaí vos deixamos o convite cos detalles
November 5, 2025 at 6:29 PM
Como, que aínda non sabedes quen foi Margot Sponer? Pois tedes dúas formas de vos achegar á súa vida e á súa obra: o libro de Antón Figueroa que publicou en 2017 #Laiovento e a banda deseñada que neste ano publicaron @alba-ceide.bsky.social e Óscar Losada #MargotSponer #galego #antifascismo
November 4, 2025 at 6:34 PM
No web de #Laiovento xa lle podedes botar unha ollada ao libro de Alba Rodríguez Saavedra RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES e tamén podedes ler as primeiras páxinas do libro, que inclúen unha poesía de @marilaraleixandre.bsky.social e o limiar de Ana Cabana

laiovento.gal/CATALOGO/139...
November 3, 2025 at 4:24 PM
O martes 4 de novembro Carlos López Bernárdez presentará o seu libro NOVO DIÁLOGO. ACHEGAS Á OBRA PLÁSTICA DE CASTELAO, publicado por #Laiovento, no MARCO de Vigo, ás 19:00h, onde manterá unha conversa co seu director Miguel Fernández-Cid
November 2, 2025 at 9:07 AM
A semana que vén chegará ás librarías o libro de Alba Rodríguez Saavedra RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, publicado por #Laiovento, un volume que se achega á obra desta investigadora, fotógrafa, tradutora e ensaísta, que reivindicou a Galiza do campesiñado, das mulleres e da infancia
November 1, 2025 at 9:46 AM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Borxa Commenero VIDAS CULPÁVEIS. O CONTROLO NEOLIBERAL DO CRIME, un volume publicado en 2017
October 31, 2025 at 10:11 AM
Hoxe 30 de outubro temos 2 presentacións de libros de #Laiovento: ás 19h. Fernando Dacosta presenta EMPATÍAS na libraría Eixo de Ourense. Ás 19:30h. Esperanza Mariño presenta FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA. NARRATIVA, POESÍA E TRADUCIÓN EN XOSÉ MANUEL BEIRAS na @acalexandreboveda.bsky.social da Coruña
October 30, 2025 at 4:12 PM
Presentación do libro de Esperanza Mariño Davila FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA. NARRATIVA, POESÍA E TRADUCIÓN EN XOSÉ MANUEL BEIRAS, publicado por #Laiovento, no marco da EMAO de Vigo, o 30 de outubro

Este libro preséntase mañá 30 de outubro na @acalexandreboveda.bsky.social da Coruña (19:30h)
October 29, 2025 at 1:48 PM
O xoves 30 de outubro Esperanza Mariño Davila presentará o seu libro FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA. NARRATIVA, POESÍA E TRADUCIÓN EN XOSÉ MANUEL BEIRAS, publicado por #Laiovento, na @acalexandreboveda.bsky.social da Coruña, ás 19:30h. Coa presenza de Xosé Manuel Beiras e Francisco Fernández Rei
October 28, 2025 at 3:30 PM
O xoves 30 de outubro Fernando Dacosta presentará o seu libro EMPATÍAS, publicado por #Laiovento, no marco da libraría Eixo de Ourense, ás 19:00h. Velaí o convite
October 28, 2025 at 11:02 AM
O xornal @nosdiario.bsky.social lembranos que hoxe 28 de outubro Esperanza Mariño Davila presenta o seu libro FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA. NARRATIVA, POESÍA E TRADUCIÓN EN XOSÉ MANUEL BEIRAS, publicado por #Laiovento, no marco da biblioteca da EMAO de Vigo, ás 19:30h.
October 28, 2025 at 10:39 AM
O mércores 29 de outubro José Carlos Bermejo Barrera presentará o libro AS GUERRAS. ENTRE A RETÓRICA E A VIOLENCIA, publicado por #Laiovento, na Facultade de Filoloxía da UniversidadedeSantiagodeCompostela, ás 12:00h. Velaí vos deixamos o convite cos detalles
October 27, 2025 at 8:37 AM
O martes 28 de outubro Esperanza Mariño Davila presentará o seu libro FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA. POESÍA, NARRATIVA E TRADUCIÓN EN XOSÉ MANUEL BEIRAS, publicado por #Laiovento, na biblioteca da EMAO de Vigo, ás 19:30h. Acto presentado por Laura Caveiro e coa presenza de Xosé Manuel Beiras
October 26, 2025 at 10:20 AM
No #FarodaCultura Laura Caveiro achégase ao libro de Esperanza Mariño FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA. POESÍA, NARRATIVA E TRADUCIÓN EN XOSÉ MANUEL BEIRAS, unha obra de #Laiovento

O 28 de outubro preséntase na EMAO de Vigo (19:30h.), o 30 de outubro na @acalexandreboveda.bsky.social da Coruña (19:30h.)
October 25, 2025 at 9:39 AM
Presentación do libro de Luís Lamela GOLPISTAS E REPRESORES. RETRATOS E MEMORIA HISTÓRICA DE FALANXISTAS GALEGOS, publicado por #Laiovento, que se desenvolveu no Ateneo Ferrolán o 23 de outubro
October 25, 2025 at 9:01 AM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Camilo Nogueira A ROTA DO SOL. UNHA MIRADA NO QUE PASA, unha obra publicada en 2011 que trataba o estado da cuestión nacional e do mundo naquel tempo de crise económica e política
October 24, 2025 at 9:36 AM
Lembrade que hoxe 24 de outubro David Otero presenta o seu poemario CONECTA CO ÍNTIMO, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía, no MOME da Estrada ás 20h.
October 24, 2025 at 8:32 AM
Lembrade que hoxe 23 de outubro Luís Lamela presenta o seu libro GOLPISTAS E REPRESORES. RETRATOS E MEMORIA HISTÓRICA DE FALANXISTAS GALEGOS, publicado por #Laiovento, no marco do Ateneo Ferrolán, ás 19h
October 23, 2025 at 12:25 PM
O venres 24 de outubro David Otero presentará o seu poemario CONECTA CO ÍNTIMO, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía', no marco da sala do MOME da Estrada, ás 19:30h. Velaí vos deixamos o convite cos detalles do acto
October 21, 2025 at 3:38 PM
O xoves 23 de outubro Luís Lamela presentará o seu libro GOLPISTAS E REPRESORES. RETRATOS E MEMORIA HISTÓRICA DE FALANXISTAS GALEGOS, publicado por #Laiovento, no marco do Ateneo Ferrolán, ás 19h. Acompañará o autor o escritor Juan Galán. Velaí o convite!
October 20, 2025 at 7:23 PM