banner
galizanova.gal
@galizanova.gal
🔵 𝗚𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮 𝗡𝗼𝘃𝗮 𝗶𝗻𝗶𝗰𝗶𝗮 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗻𝗼𝘃𝗮 𝗲𝘁𝗮𝗽𝗮!

Onte, na ETSE de Compostela, a XVIII Asemblea Nacional elixiu o Artai Gabiás como o seu novo Secretario Xeral, acompañado dunha Dirección Nacional renovada.
November 30, 2025 at 12:25 PM
A semana que vén, após a nosa Asemblea Nacional, temos unha cita coa defensa da Palestina e co noso compromiso antimperialista.

Contaremos con Fayez Badawi, da FPLP, nunha rolda de tres palestras no país nas que reafirmaremos o noso apoio a unha Palestina soberana e ceibe do río ao mar.
November 27, 2025 at 12:07 PM
Só un feminismo combativo e coherente coa loita nacional e a loita de clases poderá rachar con todas as opresións que sufrimos.

O 25N e todos os días: Non tememos o voso fascismo!
November 26, 2025 at 11:58 AM
Este 25N, as mozas nacionalistas témolo claro:
𝗡𝗢𝗡 𝗧𝗘𝗠𝗘𝗠𝗢𝗦 𝗢 𝗩𝗢𝗦𝗢 𝗙𝗔𝗦𝗖𝗜𝗦𝗠𝗢.
November 25, 2025 at 9:07 AM
Hoxe tivemos a última Dirección Nacional do período para preparar a nosa XVIII Asemblea Nacional. Aprobamos o informe político, preparamos os debates e elaboramos a lista da nova Dirección Nacional que collerá as rendas a partir do vindeiro 29 de novembro ✊🏻
November 22, 2025 at 5:07 PM
Hoxe, 20 de novembro, 50 anos despois da morte de Franco sabemos que, se ben o rostro mudou, a estrutura que sostén o actual Estado español segue asentada nos mesmos alicerces que o ditador deixou “atados e ben atados” e que a Constitución do 78 consolidou sen ningún tipo de ruptura.
November 20, 2025 at 2:24 PM
Hoxe presentamos a campaña para este 25 de novembro Día Internacional contra a Violencia Machista “Non tememos o voso fascismo”, afirmando que só un feminismo nacionalista e coherente coa loita de clases poderá garantir unha Galiza ceibe e capaz de derrotar as opresións que sufrimos.
November 14, 2025 at 5:53 PM
Hoxe, 31 de outubro, noite de Samaín, e cada día do ano, reafirmamos a nosa confrontación á vaga reaccionaria que leva consigo a violencia e ataques machistas.

Fronte ao seu fascismo, resistencia feminista. Non lles temos medo! ✊🏼🔥
October 31, 2025 at 11:43 AM
✊🏽 𝙊𝙍𝙂𝘼𝙉𝙄𝙕𝘼𝙍 𝙈𝙊𝘾𝙄𝘿𝘼𝘿𝙀, 𝙀𝙈𝘼𝙉𝘾𝙄𝙋𝘼𝙍 𝙂𝘼𝙇𝙄𝙕𝘼

Un novo proceso asemblear para construír, entre todas, o futuro da mocidade galega.

Vémonos o sábado 29 en Compostela!
October 28, 2025 at 7:18 PM
𝗢𝗥𝗚𝗔𝗡𝗜𝗭𝗔𝗥 𝗠𝗢𝗖𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘, 𝗘𝗠𝗔𝗡𝗖𝗜𝗣𝗔𝗥 𝗚𝗔𝗟𝗜𝗭𝗔

O vindeiro sábado 29 de novembro terá lugar a nosa #XVIIIAsembleaNacional en que aprobaremos as liñas de traballo a desenvolver e a nova dirección política para os próximos dous anos. 🔥
October 24, 2025 at 6:05 PM
Non pode existir un Día da Hispanidade cando a hispanidade non é máis que un invento.

Artigo completo en galizanova.gal
October 12, 2025 at 7:43 AM
Non podes perder a gran festa que Pappaquino e Galiza Nova temos organizada co gallo das XXXV Xornadas de Formación de Verán!

Inscríbete nas xornadas a través de galizanova.gal e acompáñanos coa arte do saxofón do Pappaquino este sábado, 20 de setembro, ás 22:00 h, no Bar A Benita en Bande! 🎷🎤
September 16, 2025 at 10:29 AM
A Dirección Nacional de Galiza Nova vén de convocar no día de hoxe a XVIII Asemblea Nacional que terá lugar o día 29 de novembro deste mesmo ano.

Tamén marcamos o traballo a realizar nos vindeiros meses coas Xornadas de Verán e as actividades de comezo de curso.
August 30, 2025 at 6:35 PM
✊🏻 𝟮𝟱 𝗗𝗘 𝗫𝗨𝗟𝗟𝗢. 𝗗𝗜́𝗔 𝗗𝗔 𝗣𝗔𝗧𝗥𝗜𝗔 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗚𝗔

Feliz día da Patria Galega a todas as que acreditades nunha Galiza ceibe, soberana e dona de si! A Galiza pola que loitaba Castelao e que nós seguimos construíndo, facendo dos anceios realidades e das ideas feitos 🩵
July 25, 2025 at 6:07 AM
🔴 𝗣𝗥𝗢𝗚𝗥𝗔𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗜́𝗔 𝗗𝗔 𝗣𝗔𝗧𝗥𝗜𝗔 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗚𝗔

Rematou a #VIISemanaDaPatriaGaleza mais a mocidade nacionalista aínda temos moito que celebrar pola nosa nación ✊🏻 Lembra!

Vén berrar con orgullo que somos unha nación!
July 24, 2025 at 6:12 AM
𝗙𝗼́𝗿𝗮 𝗮 𝗽𝗿𝗶𝗻𝗰𝗲𝘀𝗮 𝗟𝗲𝗼𝗻𝗼𝗿 𝗱𝗮 𝗚𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮

Estivemos en Compostela deixando que #GalizaNonTenRei e rexeitando o lavado da cara da Monarquía Española que se fai a través da figura da Princesa ✊🏻

Nin medallas de ouro nin recoñecementos oficiais, loitaremos ata que Galiza sexa República Galega 🔥
July 14, 2025 at 10:22 AM
📢 Un ano máis, celebramos a Homenaxe a Rosalía de Castro e Daniel Castelao‼️

Marca a data! Este xoves 24 de xullo, ás 17:30 h, vémonos no Parque de Bonaval.

Para rematar, realizaremos a tradicional ofrenda floral no Panteón das Galegas e Galegos Ilustres, lembrando o legado de Rosalía e Castelao ✊🏻
July 12, 2025 at 6:01 PM
Hoxe presentamos na Coruña a campaña do #OrgulloLGBT2025 adicada á figura de Suárez Picallo. Unha campaña coa que pretendemos abrir unha reflexión sobre a relación entre o nacionalismo galego e o movemento LGBT, dando a coñecer a relación máis íntima que mantiña vía epistolar con Eduardo Branco Amor
June 6, 2025 at 6:06 PM
𝗡𝗮𝗱𝗮 𝗺𝘂𝗱𝗮 𝗻𝗮 𝘀𝗶𝘁𝘂𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮𝗺𝗯𝗶𝗲𝗻𝘁𝗮𝗹 𝗾𝘂𝗲 𝘃𝗶𝘃𝗲 𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗮 ⛰🌲

Galiza segue baixo a gran sombra do modelo extractivista e colonial que o franquismo impuxo no noso país e que continúa a día de hoxe, con consecuencias evidentes no medio ambiente.
June 5, 2025 at 8:18 AM
🔴 Hoxe sumámonos á multitudinaria mobilización que saíu das alamedas de Marín e Pontevedra contra o espolio colonial que representan proxectos como Altri e Ence na nosa terra.

✊🏼 En defensa da terra, da vida e do futuro da Galiza.
June 1, 2025 at 12:06 PM
Este sábado a mocidade galega estivo nas rúas de Compostela na defensa da nosa lingua.

Paremos a emerxencia lingüística. Lingua vital xa!

Obrigado polas fotos: Xan Muras, Xaquín Soliño e Clara Xantinha
May 19, 2025 at 11:41 AM
𝗡𝗮 𝘃𝗼𝘇 𝗱𝗮𝘀 𝗺𝘂𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝘀: 𝗹𝗶𝗻𝗴𝘂𝗮, 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮 𝗲 𝗶𝗱𝗲𝗻𝘁𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲.

Máis de 45.000 persoas enchimos hoxe as rúas de Compostela nun berro colectivo en defensa da nosa lingua. 🗣️🔥
May 17, 2025 at 6:40 PM
Neste Día das Letras Galegas tan especial, dedicado a todas as cantareiras que mantiveron viva a nosa lingua, enchemos Compostela.

✊🏼A mocidade galega reafirmamos o noso compromiso coa lingua propia do país. Na Galiza, en galego!🩵
May 17, 2025 at 12:48 PM
Neste 17 de maio celebramos ás que coa súa voz mantiveron viva a lingua e a memoria do noso pobo.

As cantareiras son moito máis que música: son identidade, resistencia, pasado e futuro.

Porque na voz das mulleres latexa o corazón mesmo da nosa lingua.
May 17, 2025 at 6:16 AM