Coordinadora Galega de ONGD
banner
coordigalegaongd.bsky.social
Coordinadora Galega de ONGD
@coordigalegaongd.bsky.social
Somos 49 ONG de desenvolvemento que, dende Galicia, traballamos para acadar a xustiza social e o fin das desigualdades globais ✊
🤝A xestión cooperativa da auga é moitas veces garante dun dereito, pero tamén é un modo de fortalecer ás persoas, á comunidade.

En #SomosPonte falaremos con protagonistas destes procesos en Pontevedra e  Guatemala. 

Queres coñecer a súa experiencia?
👉 https://forms.gle/YFjZDE39tJU6M3bk6
November 10, 2025 at 12:02 PM
Polo fin da ocupación e o apartheid, o dereito ao retorno e o acceso humanitario sen condicións:

 🔗 www.actxpalestine.com
November 5, 2025 at 9:25 AM
Somos entidade adherida a ACTxPALESTINE  e o 15 de novembro estaremos en La Paloma (18.30 h) para a Chamada Global á Acción, xunto a organizacións palestinas e redes internacionais.

#ACTxPALESTINE
@actxpalestineglob.bsky.social @actxpalestineglob.bsky.social
November 5, 2025 at 9:25 AM
🍉Nesta conta o 15 de outubro #ParamosPorPalestina
October 14, 2025 at 7:31 PM
A cooperación galega celebra este venres os seus máis de trinta anos de andadura coa xornada "Cooperación galega: unha carreira de fondo".

Contámoscho todo en galiciasolidaria.org/cooperacion-...

#CooperaciónGalega #30anos #UnhaCarreiraDeFondo
October 14, 2025 at 5:36 PM
📅 20 de outubro
⏰ 18:00
📍 Salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra
ℹ️ Inscrición en forms.gle/fuvD52gdBP58...

Agardámoste para conversar xuntas! 😉

#SomosPonte
#CompromisoLocal #XustizaGlobal
🤝 @depo-es-bot.bsky.social
October 9, 2025 at 4:09 PM
📢 Comeza a terceira edición de #SomosPonte coa conversa "Cando a cooperación sana" o 20 de outubro en Pontevedra!

Participarán Yesenia Sauceda e Alia del Río: dúas profesionais da Enfermaría de #Honduras e #Pontevedra unidas pola cooperación ao desenvolvemento.

#CompromisoLocal #XustizaGlobal
October 9, 2025 at 4:09 PM
Recordaremos este 5 de outubro como o día no que unha marea de voces -acompañadas de bandeiras, kufiyas, cartaces e sandías- encheu pacificamente as rúas da cidade, desbordada como nunca de tanta humanidade ♥️

#GalizaConPalestina
#PazXustaParaPalestina #PazeliberdadePalestina
October 6, 2025 at 7:02 AM
Baixo este lema pediuse a fin dos ataques e do bloqueo da axuda humanitaria en Gaza, así como da ocupación. Paz xusta e liberdade para Palestina e, á sociedade, non cesar no apoio e na denuncia. Non mirar para outro lado.
October 6, 2025 at 7:02 AM
Milleiros de persoas déronse cita onte en Compostela en solidariedade co pobo palestino, convocadas pola Coordinadora Galega Galega de Solidariedade con Palestina e máis de 150 colectivos sociais baixo o lema "Galicia con Palestina. 2 anos de xenocidio, 77 anos de ocupación".
October 6, 2025 at 7:02 AM
✨ Gloria Fuertes foi unha poeta inmensa e unha humanista comprometida. Feminista, ecoloxista, pacifista convencida, sempre próxima á infancia e ás persoas máis vulnerables 🕊️
October 3, 2025 at 2:03 PM
A detención por parte de Israel da flotilla con axuda humanitaria a #Gaza sacou onte á rúa a milleiros de persoas en toda Galicia.

Este domingo (12:00, Alameda de Compostela) o apoio ao pobo palestino ten unha nova cita 🍉

ℹ️ praza.gal/mundo/mobili...

#GalizaConPalestina #PazParaPalestina
October 3, 2025 at 7:10 AM
🔎 Estas son algunhas das concentracións convocadas hoxe en Galicia
October 2, 2025 at 8:54 AM
Lembramos que a flotilla é froito da solidariededade cidadá ante o asedio e o bloqueo que asfixia Gaza.

E chamamos a sumarse ás múltiples mobiizacións que están a organizarse en apoio e solidariedade á flotilla e, sobre todo, en apoio ao pobo palestino.

#PazParaPalestina
#StopGenocide
October 2, 2025 at 7:51 AM
🔎 Este domingo 5 de outubro (12:00) Compostela acolle unha gran manifestación convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina.

ℹ️ www.galiciapress.es/articulo/mov...

Tamén en www.instagram.com/asociacion.j...

#GalizaConPalestina #PazELiberdadeDePalestina
October 1, 2025 at 8:42 AM
🔎 Hoxe máis de 40 localidades galegas mobilízanse en apoio ao pobo palestino.

A Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina impulsa estas convocatorias, que son a cita previa á gran manifestación que terá lugar o vindeiro 5 de outubro en Compostela

ℹ️ www.nosdiario.gal/articulo/soc...
September 22, 2025 at 7:53 AM
O arcebispo Desmond Mpilo Tutu foi un destacado pacifista e defensor dos dereitos humanos e unha referencia na loita polos dereitos civís da poboación negra no réxime do apartheid surafricano. "A voz dos que nos teñen voz", segundo diría del Nelson Mandela.
September 19, 2025 at 11:02 AM
Francesca Albanese é relatora da ONU para Palestina e unha das voces máis firmes fronte a inacción e a pasividade dos gobernos europeos, aos que reclama unha implicación real, con medidas concretas e non só palabras, fronte á impunidade do goberno de Israel.
September 12, 2025 at 11:30 AM
Hoxe é o #DíaDasPersoasCooperantes un traballo esencial na construción da paz, a xustiza social e a acción humanitaria.

‼️No que vai de ano, 265 personas traballadoras humanitarias foron asasinadas, 173 delas en Palestina.

Podes saber máis en galiciasolidaria.org/dia-das-pers...
September 8, 2025 at 9:30 AM
🍉 Tecer solidariedade dende a cidadanía pode ser tan simple como visibilizar o noso apoio poñendo unha chapa, pero o impacto medra un pouco máis se, ademais, a compartimos. 
E, a partir de aí, todo suma!
September 5, 2025 at 1:50 PM
🧵 O bordado, en mans principalmente das mulleres, garda a memoria colectiva, fía comunidade e cose redes de sororidade que ás veces acaban por ser de resistencia. 

Por iso, á chapa que xa coñeces das #SandíasPolaPaz sumámoslle esta que recolle o noso humilde tatreez.
September 4, 2025 at 11:02 AM
Cremos que posicionarnos como sociedade hoxe é máis necesario ca nunca, por iso queremos que este sinxelo xesto de solidariedade chegue aínda a máis persoas. 

Queres saber onde atopar as chapas? Queres axudar a distribuílas?
🍉 https://galiciasolidaria.org/tecedoras-de-paz-sandias-pola-paz/
September 3, 2025 at 5:03 PM
🍉 En novembro de 2023 iniciamos a campaña #SandíasPolaPaz en apoio ao pobo palestino.

Dende aquela, distribuímos centos de chapas por toda Galicia grazas a colectivos cidadáns, entidades diversas, comercio local e eventos.

Pero, sabes por que escollemos este símbolo? ⤵️
September 3, 2025 at 5:03 PM
As autoridades israelíes rexeitaron as solicitudes de ONG para introducir produtos vitais, alegando que «non están autorizadas para entregar axuda»

👉 https://galiciasolidaria.org/israel-ameaza-con-prohibir-as-principais-organizacions-humanitarias-mentres-se-agrava-a-fame/

@coordiongd.bsky.social
August 14, 2025 at 11:56 AM
Sabemos que é difícil soster a mirada ante o que estamos a ver. Sabemos desa impotencia.

Pero, precisamente por iso, recordamos hoxe a necesidade colectiva de non mirar para outro lado.

Descansemos, coidémonos, pero como din as compañeiras de @coordiongd.bsky.social, non esquezamos #Gaza.
July 28, 2025 at 2:48 PM