Cabonorteblog
banner
cabonorteblog.bsky.social
Cabonorteblog
@cabonorteblog.bsky.social
Blogue de viaxes desde 2009. Viaxes en coche, caravana, mochileiros, en bici, Camiños de Santiago e guías prácticas.

www.cabonorteblog.com
Compostela desde O Viso hoxe.
November 18, 2025 at 7:37 PM
O Río Sil ao pouco do seu nacemento nas terras de Babia (León). Xusto despois, xa está o primeiro dos moitos encoros que ten ata xuntarse co Miño nos Peares.
November 5, 2025 at 9:27 PM
O Cantábrico entre Luanco e o Cabo Peñas (Asturies).
November 3, 2025 at 8:18 PM
Igrexa de Santianes de Pravia (Asturies). Dise que foi fundada no século VIII polo Rei Silo. Sometida a múltiples reformas, hoxe aínda se pode ver algún detalle da época prerrománica. Na entrada, hai unha réplica da lápida fundacional da mesma.
November 2, 2025 at 8:42 PM
Mina de Arnao (Castrillón, Asturias). Unha mina de carbón traballada xa desde principios do século XIX, coa particularidade que gran parte de ela está baixo o mar. Hai visitas guiadas que paga a pena facer,descendendo ata xusto o nivel de auga que foi enchendo a mina despois do seu abandono no 1915.
November 1, 2025 at 8:57 PM
O fin da tarde e a néboa despois das chuvias no Monte Taúme. Con vistas á Ría de Muros e Noia, Corrubedo e as Dunas.
October 19, 2025 at 9:12 PM
A volta de onte. Cunha bici de 30 anos.
October 19, 2025 at 9:03 AM
Compostela hoxe.
September 18, 2025 at 8:07 PM
Petróglifos da Pedra que Fala, na parroquia de San Xoán de Fecha (Compostela). Pódese ver varias combinacións circulares e cazoletas. Tamén hai algunhas cruces moito máis recentes.
September 18, 2025 at 8:04 PM
Paseando polo monte II. Londras? Estaba o río preto.
September 7, 2025 at 10:02 PM
Paseando polo monte
September 7, 2025 at 10:01 PM
E como entreter a un neno de 7 anos nunha viaxe de máis de 6000km? Pois poñéndoo a conducir tamén. Nesta nova versión 2.0 do modelo anterior, ten tamén que poñer as luces.
September 2, 2025 at 9:03 PM
Nesta viaxe aos Alpes en caravana estivemos en 13 campings diferentes, con prezos entre os 25 e 55 € noite. Nalgúns só pasamos unha noite e, no que máis, 6 noites en Aosta (Italia). Como xa teño dito noutras ocasións, penso que os mellores campings son os franceses, por cantidade, prezo e servizos.
September 1, 2025 at 9:25 PM
De volta despois dunha viaxe de 36 días e case 6000km ate os Alpes coa caravana. Como é habitual, nuns días publicarei no blog o diario da viaxe coa ruta, consellos e os gastos.
August 31, 2025 at 10:39 PM
Roteiro desde El Cable a Fuente Dé polo refuxio de Áliva, no Parque Nacional dos Picos de Europa. Un roteiro que empeza a máis de 1800m de altitude e remata no circo glaciar de Fuente Dé, pasando por paisaxes de alta montaña, praderías e bosques mixtos de frondosas.
August 30, 2025 at 9:56 PM
Subir no Teleférico de Fuerte Dé é un dos imprescindibles no Val de Camaleño nos Picos de Europa. Permite ascender desde os 1090m até os 1850m do miradoiro de El Cable, gozando dunhas vistas impresionantes.
August 29, 2025 at 9:25 PM
A "Ruta Bajo Picos", é un roteiro moi coñecido na parte dos Picos de Europa do Val de Camaleño (Cantabria). Non é moi difícil, está ben sinalizada, é circular, e pasa por faiais, aveleirais e por fermosas aldeas coma Mogrovejo.
August 28, 2025 at 7:03 PM
Cantas veces botei en falta un sinal coma este!

Visto en Potes (Cantabria).
August 27, 2025 at 9:18 PM
Despois dos Alpes e do Macizo Central francés, facemos unha parada nos Picos de Europa, desta vez no Val de Camaleño. Comezamos con esta ruta dentro do Parque Nacional, a do Faial das Ilces, que parte da localidade de Espinama.A sombra das faias fai que sexa unha ruta moi agradable os días de calor.
August 27, 2025 at 9:08 PM
Sempre hai unha historia detrás dun sinal. Visto en La Roque St Christophe (Dordoña, Francia).
August 26, 2025 at 9:25 PM
Curiosidades que se poden ver en La Roque St Christophe: os lugares na pedra para atar os animais, os guindastres, ou unha caixa forte na rocha.
August 26, 2025 at 9:24 PM
La Roque St Christophe. Na Dordoña (Francia), está este abrigo nun cantil que durante moitos séculos foi utilizado como lugar de protección e habitacional. Hoxe hai distintas recreacións da época medieval e da prehistoria.
August 26, 2025 at 9:18 PM
Hai moitas covas e abrigos onde ver pinturas e gravados nesta zona da Dordoña. O ano pasado visitamos a de Pech Merle, e este ano fomos a de Bara-Bahau, que se pode traducir coma "patapúm", xa que fai referencia a caída do seu teito. Non se poden facer fotos do seu interior.
August 25, 2025 at 10:15 PM
En Les Eyzies-de-Tayac-Sireuil (Dordoña, Francia) é onde está o Museo da Prehistoria de Francia. E que ao redor desta localidade francesa, está chea de importantes abrigos e covas con distintas gravados ou pinturas, como a de Lascaux.
August 25, 2025 at 10:07 PM
Un museo do automóbil ben diferente: o Museo do Patrimonio Agrícola e Automóbil de Salviac (Dordoña, Francia). Con moitísima maquinaria agrícola e coches, ademais de camións, motos, bicicletas, etc... este museo tenta recuperar vehículos do abandono. Moi recomendable.
August 25, 2025 at 9:56 PM