Manuel Bragado Rodríguez
banner
bretemas.bsky.social
Manuel Bragado Rodríguez
@bretemas.bsky.social
Editor e mestre retirado.
«O festival do #Vigo riquiño», artigo en @farodevigo.es
bretemas.gal/o-festival-d...

«Fronte a exaltación da hipérbole, do ditirambo, do alleo e do fuleiro, #Hematofesti ofrece a alternativa do respecto, da retranca, do orgullo polo propio e orixinal. Longa vida para o festival do Vigo riquiño..»
November 11, 2025 at 7:06 AM
Discurso de gabanza a Teresa Rabal no Hematofesti como «Lenda do Recreo 2025»
bretemas.gal/wp-content/u...
November 9, 2025 at 3:13 AM
«Apego», artigo en @nosdiario.gal.web.brid.gy
www.nosdiario.gal/opinion/manu...

« #Apego é sinónimo de vínculo, sintonía, empatía, inclinación, afección, amor. Emocións imprescindibles para desenvolver unha inmersión familiar onde o galego sexa a lingua preferente...»
November 5, 2025 at 7:55 AM
«Memoria de Enrique #Macías», artigo en @farodevigo.es bretemas.gal/memoria-de-e...

«Músico autodidacta, non estudou no conservatorio, buscaba novas expresións sonoras dentro da cultura musical de fin do século XX, incluída a electroacústica, a que incorporaba a electrónica á música clásica...»
November 4, 2025 at 12:46 PM
«Novo #Mundial en #Balaídos?», artigo en @farodevigo.es bretemas.gal/novo-mundial...
«Tras a experiencia frustrante do Mundial 82 e a forma de escoller as sedes do #Mundial2030, creo que a Vigo nin ao Celta lles vai a vida en participar nesta lea carísima, para xogar dous partidos, talvez tres...»
October 28, 2025 at 8:56 AM
«Paseo e horizonte», artigo en @farodevigo.es: bretemas.gal/paseo-e-hori...
«Roubarase unha propiedade comunal de valor emotivo incalculable, ese anaco de #horizonte onde cada serán no #miradoiro ao abrigo da #oliveira atopabamos os ollos do porvir e os camiños do mar da nosa cidade atlántica...»
October 21, 2025 at 7:49 AM
«Edición e #IA», artigo en @nosdiario.gal.web.brid.gy www.nosdiario.gal/opinion/manu...

Tras a crise provocada pola irrupción do libro electrónico, o futuro da edición pertence ás editoras que saiban manter o seu lectorado –non a tecnoloxía– como verdadeiro centro de gravidade da súa actividade...»
October 15, 2025 at 12:19 PM
« #Xenocidio palestino», artigo en @farodevigo.es
bretemas.gal/xenocidio-pa...
«Recuperar a solución dos dous estados e o respecto á legalidade internacional das Nacións Unidas son retos no cumprimento duns acordos de #paz que agardemos sexan respectados e paren dunha vez o xenocidio #palestino...»
October 14, 2025 at 8:31 AM
«Vigo ateneístico», artigo en @farodevigo.es
bretemas.gal/vigo-ateneis...
« #Ateneo Atlántico de #Vigo, fundado en 2017 coa pretensión de crear un espazo cultural plural de análise, debate e investigación, inserido na mellor tradición viguesa de asociacionismo cívico centenario...»
October 7, 2025 at 7:59 AM
«Visibilidade», artigo en @nosdiario.gal.web.brid.gy
www.nosdiario.gal/opinion/manu...
«Superar as cifras cativas de lectura e edición en galego, obriga as editoras a abordar estratexias de visibilidade transversais na libraría, nos medios e nas redes, para que se coñezan, se vexan e se merquen...»
October 1, 2025 at 9:28 AM
«Escritura», artigo en @nosdiario.gal.web.brid.gy
www.nosdiario.gal/opinion/manu...
« #Escribir é #reescribir, sen renunciar á creatividade lingüística e a procurar a beleza do escrito, necesarias en todo tipo de textos, non só nos literarios...»
September 24, 2025 at 7:04 AM
«A Protestante», artigo en @farodevigo.es
bretemas.gal/a-protestante/

«Ángela Iglesias Rebollar, costureira, sindicalista, comunista, asasinada cando estaba grávida, despois de ser violada no monte da Guía por unha manada de fascistas o 11 de abril de 1937, xunto ao seu home José García Niebla...»
September 23, 2025 at 12:21 PM
Moi agradecido ao Ateneo Atlántico
September 18, 2025 at 9:35 AM
«Dixitalización», artigo en @nosdiario.gal.web.brid.gy
www.nosdiario.gal/opinion/manu...
«Rectificación necesaria de Román Rodríguez, unha oportunidade para que os centros volvan a casa de partida e deseñen dende aí os seus plans de #dixitalización, xa que a todos obriga esta #hibridación...»
September 17, 2025 at 9:30 AM
«Océano Sobral», artigo en @farodevigo.es bretemas.gal/oceano-sobra...
«Benvida a #Vigo esta nova mostra tan necesaria e atractiva de Antón #Sobral, o noso primeiro pintor de horizontes e esperanzas, mestre da vida lenta, ser humano exemplar, obrigado referente ético da cultura galega actual...»
September 16, 2025 at 5:27 AM
«Un Celta empoutado», crónica do #CeltaGirona en @farodevigo.es
www.farodevigo.es/opinion/2025...
«Para fuxir do actual empoutamento diante do gol, unha doenza estraña que padece todo o equipo, o #Celta de #Claudio precisa dunha vitoria rotunda que faga fuxir calquera tentación de males de ollo..»
September 15, 2025 at 5:51 AM
Algunhas impresións sobre « #Romería» o film de #CarlaSimón en @farodevigo.es

bretemas.gal/romeria/

«Cine de beleza desacougante, capaz de abrir dúbidas e pechar feridas, ofrece imaxes impresionantes de Helène Couvart, directora de fotografía, un tesouro para o arquivo audiovisual de Vigo...»
September 2, 2025 at 5:50 AM
«Escribir a man», artigo en @nosdiario.gal.web.brid.gy
www.nosdiario.gal/opinion/manu...

«A #escritura a man é a nosa primeira marca de identidade, activa a memoria en movemento e a forma na que absorbemos a información, cultiva a paciencia e estimula a expresión creativa...«
August 27, 2025 at 3:08 PM
«O relato de Irene Ceballos», artigo en @farodevigo.es
bretemas.gal/o-relato-de-...

«Sabendo que o primeiro instituto vigués, inaugurado en 1946, leva o nome «Santa Irene», propoño que se debata a posibilidade de mudalo a un nome máis axustado á historia como sería «IES Irene Ceballos de Vigo».
August 26, 2025 at 8:12 AM
«Polo correo do vento», a miña homenaxe a Carlos Taboada en @nosdiario.gal.web.brid.gy

www.nosdiario.gal/opinion/manu...

«Con todos os abrazos para os seus van os versos de Aquilino Iglesia: "Cando por aí pase o vento, / Terriña do corazón, / nun sobre de sentimento / darache a miña canción...".
August 20, 2025 at 1:07 PM
«Impresións de Castelao en #Vigo», artigo en @farodevigo.es

bretemas.gal/impresions-d...

«Mostra de excelente deseño museográfico, clara, didáctica e exhaustiva, presenta de forma ordenada unha síntese esencial da obra gráfica de #Castelao publicada na prensa viguesa durante vinte e cinco anos.»
August 19, 2025 at 8:51 AM
«Bordalás receita xetafina», crónica do #CeltaXetafe en @farodevigo.es bretemas.gal/bordalas/
«Derrota que non é crítica nin abre desconfianza ningunha sobre as posibilidades nesta competición, mais que esixe da autocrítica no vestiario, tanto por parte do equipo técnico como do cadro de xogadores.»
August 19, 2025 at 8:47 AM
«Inmersiva e plurilingüe», artigo en @nosdiario.gal.web.brid.gy

bretemas.gal/inmersiva-e-...

«Todas as linguas absórbense por #inmersión dende a primeira infancia, razón pola que a inmersión non pode quedar fóra dun modelo alternativo de educación lingüística en Galicia...»
August 6, 2025 at 4:32 AM
«Taxa turística», artigo en @farodevigo.es bretemas.gal/taxa-turisti...
«Unha #taxaturistica que en #Vigo, cun millón de noitadas ao ano, recadaría tres millóns de euros, cifra que contribuiría a preservar o patrimonio e reforzar os servizos ofrecidos aos visitantes como ao conxunto da cidadanía..»
August 5, 2025 at 9:23 AM
Reivindico en @farodevigo.es unha Praza de Galicia para Vigo:
bretemas.gal/praza-de-gal...
«Esta praza do farol debería recuperar o seu nome primixenio, o de «Praza da República», como debería ser retirada a cruz do monte do Castro (1961), símbolo do nacional catolicismo e exaltación do franquismo»
July 30, 2025 at 5:25 AM