BNG Congreso - Senado
banner
bngcortes.bsky.social
BNG Congreso - Senado
@bngcortes.bsky.social
Conta oficial do BNG (@obloque.gal) nas Cortes do Estado
«Que accións está a desenvolver o Goberno ante o incumprimento por parte de Alcoa do Acordo de Viabilidade asinado en 2021 coa representación das traballadoras?»

Esta cuarta feira, 12N, Néstor Rego reclamará ao Goberno a intervención pública de Alcoa.
November 11, 2025 at 5:24 PM
5⃣O PP botaralle a culpa ao BNG mais, por moito que o intente, o BNG seguirá a traballar: para implantar as cercanías ferroviarias na Galiza e defender os intereses dos e das galegas por riba de todo.

Porque #CoBNGGalizaGaña ✌️

(4/4)
November 7, 2025 at 11:15 AM
3⃣ No Senado, o Partido Popular risca Galiza e faina extensiva a todas as Comunidades Autónomas.

Coma se Madrid, Catalunya, Andalucía... non tivesen xa este servizo de cercanías.

4⃣O PP nega que a Galiza teña un déficit histórico en infraestruturas ferroviarias.

(3/4)
November 7, 2025 at 11:15 AM
1⃣ O BNG consegue no Acordo de Investidura que se implanten os servizos de cercanías na Galiza.

2⃣ No Proxecto de Lei de Mobilidade, Néstor Rego introduce unha disposición adicional para que se axilice a implantación destes servizos.

(2/4)
November 7, 2025 at 11:15 AM
Abrimos fío [🧵]para contarche como o Partido Popular intenta retrasar a implantación de novos servizos ferroviarios na Galiza conseguidos polo BNG.

(1/4)
November 7, 2025 at 11:15 AM
Reunión con Eduardo Abad, Presidente de UPTA, para falar sobre a proposta do Goberno de subir a cota das persoas autónomas, especialmente nos tramos máis baixos.

Exixiremos dar marcha atrás. O Goberno debe apostar por un sistema máis xusto e progresivo.
October 17, 2025 at 12:35 PM
𝗨𝗟𝗧𝗜𝗠𝗔 𝗛𝗢𝗥𝗔 🔴 | O pleno do Congreso aproba as medidas propostas polo BNG para impulsar o sector pesqueiro galego e garantir o seu futuro.
October 16, 2025 at 2:24 PM
𝗨𝗟𝗧𝗜𝗠𝗔 𝗛𝗢𝗥𝗔 | O voto en contra do PP tomba a Proposición de Lei do BNG para reducir a xornada laboral a 35 horas semanais sen redución de salario.

O PP di "NON" a mellorar condicións de vida, facilitar conciliación, repartir o traballo, mellorar saúde.
October 14, 2025 at 6:20 PM
Reunión coa delegación do Comité de Empresa de Alcoa no Congreso.

Máis unha vez, trasladamos todo o apoio do BNG e comprometémonos a seguir traballando para que se escoiten as súas xustas e necesarias reivindicacións.
October 14, 2025 at 10:59 AM
O BNG leva ao Congreso unha Proposición de Lei para reducir a xornada laboral a 35 horas semanais.

‼️O debate e votación da proposta nacionalista será esta terza feira, 14 de outubro, que buscará o apoio do resto de formacións para que sexa tomada en consideración pola cámara baixa.
October 13, 2025 at 10:30 AM
O BNG, por responsabilidade, votará a favor da convalidación do embargo de armas a Israel.

«Chega tarde mais é necesario. Esperamos que poida modificarse para que garanta que o embargo sexa total e romper todas as relacións co Estado xenocida de Israel.»

Néstor Rego
October 7, 2025 at 4:44 PM
ULTIMA HORA 🔴 | BNG consegue desbloquear a tramitación da Lei para a transferencia da AP-9 á Galiza.

«Conseguimos que o PSOE se movese e que a Mesa do Congreso feche hoxe o prazo para a tramitación da Lei.»

#CoBNGGalizaGaña ✌️
October 7, 2025 at 9:52 AM
Esta cuarta feira, 8 de outubro a partir das 9.00 h, durante a sesión de control ao Goberno do Estado:

«Que está a facer o seu Goberno para dar cumprimento cos compromisos estabelecidos coa Galiza?»

Pregunta de Néstor Rego ao Presidente do Goberno.
October 7, 2025 at 7:37 AM
O PP aproba unha prórroga, declarada ilegal pola CE. O PSOE mantena.

Os responsábeis teñen rostro, siglas, nomes e apelidos.

O Goberno debe rematar coa estafa legalizada da Autoestrada do Atlántico (AP-9).Hai que terminar con esta discriminación á Galiza.

É o momento!
September 22, 2025 at 8:56 AM
As forzas estatais semella que teñen algo en común: manter a discriminación que sofre a Galiza pagando a estafa legalizada que supón a peaxe da AP-9.

O PP aproba unha prórroga, declarada ilegal pola CE. O PSOE mantena.

Os responsábeis teñen rostro, siglas, nomes e apelidos.
September 18, 2025 at 2:02 PM
Non hai que esquecer a hemeroteca. Se os galegos e galegas seguimos pagando a estafa legalizada que supón a peaxe da AP-9 é por decisións políticas.

Os responsábeis teñen rostro, siglas, nomes e apelidos.
September 18, 2025 at 7:58 AM
O Congreso apoia o plan do BNG para implantar as cercanías na Galiza e terminar o Corredor Atlántico.

O decálogo de actuacións urxentes e necesarias impulsadas polo BNG conta co aval da cámara baixa.

www.europapress.es/economia/tra...

#CoBNGGalizaGaña ✌️
September 17, 2025 at 6:13 PM
ULTIMA HORA🔴| BNG e ERC presionan o Goberno para que cumpra cos compromisos adquiridos e faga efectivo, dunha vez por todas, o embargo de armas a Israel.

Solicitan a comparecencia en Pleno dos ministros Albares e Robles e exixen romper relacións co Estado xenocida de Israel.
September 17, 2025 at 3:37 PM
O PP foi quen fixo a prórroga ilegal da AP-9 obrigando os galegos e galegas a pagar peaxes até 2048. Que non caia no esquecemento.

Máis unha vez, o BNG exixe ao Goberno rematar coa estafa ilegalizada que supón as portaxes da Autoestrada do Atlántico.
September 17, 2025 at 2:01 PM
ULTIMA HORA 🔴| BNG, ERC e EH Bildu exixen suspender as xornadas promovidas pola ultradereita na cámara baixa.

O Congreso non pode participar na difusión dun ideario incompatíbel coa lexislación vixente e promovendo a exclusión e a regresión dos dereitos das mulleres.
September 3, 2025 at 2:00 PM
A aprobación definitiva da lei implica que as persoas perceptoras do SMI aforrarán 340€ ao ano, grazas ao BNG.

A medida, permanente e sen custo para as CA, beneficiará máis de 2,4 millóns de persoas no Estado e a máis de 135.000 galegos e galegas

#CoBNGGalizaGaña ✌️
July 23, 2025 at 10:10 AM
O BNG vota en contra do Real Decreto-lei 7/2025 por favorecer o oligopolio eléctrico e espoliar á Galiza.

«A Galiza xa sofre un espolio enerxético, producindo de fontes renovábeis máis do que consome mentres soporta proxectos sen deixar beneficios.»

Néstor Rego no debate no Congreso.
July 23, 2025 at 9:22 AM
A Galiza precisa un novo sistema de financiamento baseado no 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗿𝘁𝗼 𝗲𝗰𝗼𝗻𝗼́𝗺𝗶𝗰𝗼. O actual sistema asfixia a nosa capacidade e impide ter o control sobre os nosos recursos.

#GalizaCoaChaveDosSeusCartos
July 18, 2025 at 9:32 AM
Reunión coa relatora especial da ONU para os Territorios Palestinos, Francesca Albanese, no Congreso.

Información de primeira man sobre a situación na Faixa de Galiza e a vulneración sistemática dos Dereitos Humanos e o xenocidio que está a cometer o Estado sionista de Israel.
June 24, 2025 at 10:18 AM
Néstor Rego desvela a intención do PP de ilegalizar as forzas soberanistas, no canto de ilegalizar as asociacións franquistas.

«Da interpretación xa se encargan os xuíces amigos do PP e de Vox. As salas que controlan pola porta de atrás e, cada vez máis, pola porta de diante.»
June 19, 2025 at 7:21 AM