Biblioteca Pública de Ourense Nós
banner
bibourense.bsky.social
Biblioteca Pública de Ourense Nós
@bibourense.bsky.social
Biblioteca Pública do Estado de Ourense
🏛️ Rúa Canle, 6, 32004 Ourense
☎️ 988788385 | 988788386
✉️ biblio.publica.ourense@xunta.gal
Este mércores, o club de lectura de galego tivo un encontro con Xabier Paz para falar do seu libro "Anibal e a pintora". Un pracer contar coa súa visita!
December 5, 2025 at 9:34 AM
Onte tivemos inauguración da Exposición de Moxom, "Cousas miñas", que podedes ver no vestíbulo da biblioteca ata o 10 de xaneiro.
December 4, 2025 at 9:05 AM
Este ano argallamos un calendario de advento de libros! Achégate ó 1º andar para comprobar cal é a nosa lectura suxerida de hoxe 😉
December 1, 2025 at 9:56 AM
Achégate á exposición organizada pola Fundación Secretariado Gitano polos 600 anos de historia do pobo xitano en España. Recolle os fitos máis significativos e as principais contribucións dende a súa chegada á Península o 12 de xaneiro de 1425
📍1º andar
🗓️Ata o 29 de novembro
November 21, 2025 at 7:44 AM
Outro ano máis, colaboramos co Premio Novela Europea do Casino de Santiago. Se aínda non as coñecíades, aquí tedes as cinco novelas finalistas desta edición. Estarán disponibles no primeiro andar da biblioteca para que elixades a vosa favorita.
November 20, 2025 at 10:12 AM
Reposted by Biblioteca Pública de Ourense Nós
Hoxe, baixo o sol otoñal de Lyon, acompañaremos ás 🎬"Tres amigas" de Emmanuel Mouret!

⏳Sesións ás 18h e ás 21h
👉Na Casa da Cultura (rúa Concello 11, #Ourense)
🎟️Cota: 5€
fb.me/e/8ggimG7RY
November 19, 2025 at 12:41 PM
Este venres, como colofón á exposición do Obradoiro de Teares do CCP Xaquín Lorenzo, teremos varias actividades abertas ao público:
- De 16:00 a 17:00, visita á exposición con demostración do funcionamento dos teares.
- Ás 18.00, actuación de música e baile da escola do centro.
November 19, 2025 at 12:55 PM
Xa dispoñibles as novidades de novembro da #comictecabnós
November 12, 2025 at 1:34 PM
#abibliotecariarecomenda achega dúas lecturas en galego: "A noite das cebolas" e "Askja", ámbalas dúas protagonizadas por mulleres. Novelas intimistas que afondan nas súas protagonistas e que deixan un repouso despois da súa lectura.
October 29, 2025 at 2:46 PM
Outra das actividades que tivemos esta semana para celebrar o #díadasbibliotecas, foi o espectáculo "Redondo", para bebés de 1 a 4 anos, a cargo de Caramuxo. Unha experiencia de luz e son que deixou a todo o público engaiolado!
October 24, 2025 at 8:33 AM
Hoxe celebramos o #díadasbibliotecas, este ano co lema "Contra a desinformación, bibliotecas". Porque, grazas aos recursos que poñen a disposición da cidadanía, as bibliotecas desenvolven un papel fundamental na loita contra a desinformación.
Longa vida ás bibliotecas!!!
October 24, 2025 at 8:26 AM
Esta semana, para celebrar o #díadasbibliotecas, temos organizadas diferentes actividades: bebecontos, roteiros guiados, obradoiros e visitas guiadas do CIFP A Farixa, e dos colexios Amadeo Barroso, Josefinas e Mariñamansa, que veñen coñecer todo o que a biblioteca pode ofrecer.
October 23, 2025 at 2:25 PM
Compartimos a nova sobre a inauguración da mostra cos traballos do alumnado do Obradoiro de Teares do CCP “Xaquín Lorenzo”, da Deputación de Ourense.
🗓️Ata o 22 de novembro
www.farodevigo.es/ourense/2025...
Tejer a lo de antaño como forma de terapia
El centro popular Xaquín Lorenzo inagura en la biblioteca Nós una exposición de su taller de telares. Más de 80 piezas de alumnos que utilizan como forma de relajo un curso con las plazas desbordadas.
www.farodevigo.es
October 22, 2025 at 1:23 PM
Estes días, temos unha mostra de pezas do Obradoiro de Teares do CCP Xaquín Lorenzo, dirixido pola artesá Concha Outeiriño. Máis de 50 pezas elaboradas con técnicas tradicionais. E o luns ás 12:00 terá lugar a inauguración.
🗓️Ata o 22 de novembro
📌No vestíbulo da biblioteca
October 17, 2025 at 8:35 AM
Reposted by Biblioteca Pública de Ourense Nós
Quen fora neno outra vez para poder descubrir umha parte do mundo desde a Biblioteca de Ourense. Desde agora, a sala infantil conta con este fantástico mural, obra do Pablo Otero. Parabéns ao Pablo, por esa beleza e parabéns á biblioteca por manter o faro cultural da cidade de Nós.
October 12, 2025 at 10:12 AM
Reposted by Biblioteca Pública de Ourense Nós
Junto a Wikimedia y el Instituto de las Mujeres, arrancamos el acto por el #DíadelasEscritoras con una #Editatona, evento de creación de contenido en #Wikipedia abierto a cualquier persona que quiera contribuir a crear nuevas entradas de mujeres autoras.
🔴 EN DIRECTO:
www.youtube.com/live/urBG3nK...
Editatona Día de las escritoras 2025
YouTube video by Biblioteca Nacional de España
www.youtube.com
October 13, 2025 at 2:21 PM
Hoxe, en #abibliotecariarecomenda, traemos o clásico "1984", de George Orwell. Obra distópica que inspirou o lema da #BannedBooksWeek deste ano: A censura é tan de 1984.
Non deixedes de vir polo 1º andar e botarlle un ollo ós libros perigosos que seleccionamos para vós.
October 14, 2025 at 12:06 PM
Nova mostra na Sala Infantil para mirar ao noso arredor no outono 🌰
October 10, 2025 at 12:49 PM
O 22 de outubro comezamos un obradoiro de memoria e estimulación cognitiva: Actívate.
Para maiores de 70 anos.
🗓️Mércores ás 11.00h.
📌Inscricións: dende o 15 de outubro chamando ó 988 788 385.
October 10, 2025 at 12:41 PM
Os martes 14 e 21 de outubro, ás 18.00, teremos un monográfico sobre a obra pictórica de Leonardo da Vinci. A entrada será libre ata completar o aforo.
Se vos gusta Leonardo ou a arte en xeral, non o perdades!
October 9, 2025 at 3:14 PM
Este mes, contamos cunha mostra de pinturas de María del Carmen Ferreiro Fernández. Para máis información sobre a súa xénese, botádelle un ollo o artigo que lle adicaron na prensa.
📌1º andar
🗓️Ata o 31 de outubro
October 7, 2025 at 1:09 PM
Reposted by Biblioteca Pública de Ourense Nós
¡Abierto el plazo de inscripción para la celebración, el próximo 13 de octubre, del #DíadelasEscritoras! ✍️♀️

Además, ya puedes consultar los textos que se leerán durante el acto, seleccionados por la comisaria de esta edición, Anna Caballé.
www.bne.es/es/agenda/ce...
October 6, 2025 at 12:49 PM
Este martes 7 de outubro ás 18:00, acompáñanos á inauguración do mural que Pablo Otero creou durante dúas semanas na bebeteca.
Haberá contacontos e xogos para os mais pequenos.
Ven descubrir como a creatividade de Pablo converteu a bebeteca nun lugar cheo de maxia e lectura!
October 6, 2025 at 9:51 AM
Xa están aquí as novidades de cómic do mes. Vinde xa, que voan!
October 6, 2025 at 7:54 AM
Xa están aquí as novidades de outubro do Espazo Xove. Este mes hai moita fantasía. Vinde a por ela!
#novidadesbnós #literaturafantastica
October 3, 2025 at 8:42 AM