Jose Ramón Gómez Besteiro
banner
gomezbesteiro.bsky.social
Jose Ramón Gómez Besteiro
@gomezbesteiro.bsky.social
Avogado grazas á educación pública e pai.

Deputado dos socialistas no Parlamento de Galicia.
Só hai un camiño posible.

A súa dimisión, señor Rueda.

Hoxe tiña que subir aquí, pedir perdón e explicar o seu plan para que isto non volva a pasar.

Tras 17 anos na Xunta e para sorpresa de ninguén, non aportou ningunha solución.

#RuedaDimisión
September 9, 2025 at 7:19 PM
💥 O bulo da boa xestión do PP, desmontado polos organismos fiscalizadores:

❌ Triplican o gasto legal sen mellorar servizos
📉 Agasallos fiscais aos máis ricos
🇪🇺 Só executan o 51% dos fondos europeos

🏫 Devolven 23M€ en escolas infantís
🔻 0 euros para corrixir as desigualdades en Lugo e Ourense
August 5, 2025 at 8:13 AM
Cantas veces escoitaches que non hai médico na túa zona ou que atopar unha vivenda digna é imposible?

Ese é o debate que Rueda evita: o da falta de financiamento para garantir dereitos básicos, pero nós volo explicamos.
August 4, 2025 at 6:53 PM
No 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade, Lugo merece un agasallo: que a Xunta cumpra e rehabilite xa o Cuartel de San Fernando como Museo da Romanización.

Un proxecto impulsado polos gobernos socialistas, clave para coñecer o pasado e facer do patrimonio futuro.
August 1, 2025 at 7:11 PM
Como lle explicas a un gandeiro que traballa 365 días ao ano que lle van recortar un 20 % das axudas que lle permiten seguir en pé?

Iso é o que pretende o PP desde Bruxelas.

👉🏼 Recortar a PAC é recortar futuro.

✊🏼 Imos plantarlles cara porque Galicia se defende sempre!
July 22, 2025 at 5:20 PM
Hoxe acompañei á alcaldesa Sandra Insus no Día do Carme en Camariñas, nunha xornada de emoción e orgullo de país ✨

👏🏼💐 Homenaxe ás xentes do mar que sosteñen a vida, a cultura e a economía dunha Galicia traballadora e valente.

🩵 Galicia é mar, identidade e futuro.

#DíaDoCarme
July 16, 2025 at 9:05 PM
Hoxe Ferrol volve a ser motor industrial grazas ao impulso socialista.

❌ Rueda e Rey Varela queren poñelo todo en risco e privatizar unha empresa estratéxica, tal e como aprobou o PP no seu congreso.

🗣️ Navantia non se toca. É pública, estratéxica e clave para o futuro de Ferrol e de Galicia.
July 14, 2025 at 7:30 PM
Quen espere que nos imos botar atrás está moi equivocado.

Somos a garantía dos servizos públicos fronte á axenda ultra de Feijoo e Rueda, tamén en Galicia.

Hoxe explícoo en @lavozdegalicia-bot.bsky.social con Manuel Varela.

🔗 www.lavozdegalicia.es/noticia/gali...
José Ramón Gómez Besteiro: «Quen espere que nos imos botar para atrás está moi equivocado»
«Feijoo está inhabilitado para presidir o Goberno», advirte o líder dos socialistas galegos
www.lavozdegalicia.es
July 13, 2025 at 11:19 AM
❌ Máis de 10 días de espera para Atención Primaria

❌ Ata 60 consultas nun día

❌ Só 4 minutos por persoa

👉🏼 A Xunta di que todo vai ben
Pero cando chega o diagnóstico … pode ser tarde

🌹 As socialistas queremos blindar por lei os dereitos dos pacientes

#AEsquerdaQuePode
July 8, 2025 at 7:21 PM
💥 Somos implacables contra a corrupción.

Actuamos con transparencia e asumimos responsabilidades.

🫣 Fronte ao modelo do PP, que agocha e tapa

🌹 A ética política é un principio, non unha escusa.
July 7, 2025 at 3:06 PM
✊🏼 Cómpre relanzar o proxecto socialista e poñer á igualdade no centro da acción política.

❌ Non podemos asumir o marco da dereita nin caer nos seus discursos de distracción.
July 5, 2025 at 8:40 PM
🤝🏼 Ben acompañado polas compañeiras e compañeiros socialistas de toda Galicia.

🌹 Adiante e con paso firme por un proxecto feminista e progresista no que cabemos todas e todos.

#SocialistasDeGalicia #ComitéFederal
July 5, 2025 at 11:12 AM
▶️ Camiño do Comité Federal. É momento de reorganizarnos e reforzarnos como partido.

🌹 Parabéns ás compañeiras e compañeiros que asumirán as novas responsabilidades.
July 4, 2025 at 9:55 PM